Skip to main content

'Portugal en debate', curso de verán da USC a celebrar na Facultade de Filosofía

CURSOS DE VERÁN DA USC 2007

Co cofinanciamento do Instituto Camões, o profesor Antonio Firmino da Costa dirixe o curso de verán da USC ‘Portugal en debate’ que se desenvolverá na Facultade de Filosofía de Santiago do 17 ao 20 de xullo.
O curso, que inaugurará a presidenta do Instituto Camões, Simonetta Luz Afonso, analizará na súa primeira xornada cuestións como o devir das institucións públicas na proxección da cultura e lingua portuguesas no mundo ou a implementación de estratexias políticas que visan a promoción da sociedade da información e do coñecemento. Ese mesmo día aproveitarase para presentar o Programa Ciência Viva.
A internacionalización do sector empresarial portugués e a dimensión internacional da industria portuguesa coa Corporación Noroeste como exemplo serán os asuntos de análise na segunda xornada, na que ademais se profundará nos fluxos de información entre Portugal e o exterior.
As bases para a comprensión do Portugal do século XXI, o desenvolvemento sustentable, a compoñente ambiental da economía e o panorama das ciencias en Portugal serán outros asuntos a analizar neste curso, no que se exhibirá o documental de Sérgio Tréfaut ‘Os Lisboetas’.

The contents of this page were updated on 06.05.2007.