Skip to main content

'A última noite de Boris Grushenko' proxéctase en Maxisterio de Lugo

O filme ‘Love and Death (A última noite de Boris Grushenko)’ de Woody Allen proxéctase este mércores, día 6, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado do Campus de Lugo.
A proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos do centro, enmárcase dentro dun ciclo de cine existencialista organizado pola asociación universitaria Evohé e que inclúe outros títulos como ‘Persoa’ de Ingmar Bergman ou ‘A laranxa mecánica’ de Kubrick.

The contents of this page were updated on 06.05.2007.