Skip to main content

Clausuráronse os XX cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia

Alumnos estranxeiros asistiron ao acto de clausura dos cursos de lingua e cultura galegas
Alumnos estranxeiros asistiron ao acto de clausura dos cursos de lingua e cultura galegas

Os XX cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia clausuráronse este venres na Facultade de Filosofía. Ao acto oficial asistiron o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán; o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro; a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; o secretario do Instituto de Lingua Galega da USC, Xulio Sousa; e o director dos cursos, Manolo González, quen hoxe deixa o cargo que ostentou con dedicación e entusiasmo desde o día que os cursos comezaron a súa andaina.
Nesta vixésima edición participaron cento trinta alumnos de Alemaña, Armenia, Arxentina, Bélxica, Brasil, Chile, Colombia, Cuba, Eslovaquia, Estados Unidos, España, Finlandia, Francia, Gran Bretaña, Grecia, Hungría, A India, Irlanda, Italia, Marrocos, México, Perú, Polonia, Portugal, República Checa, República Moldova, Romanía, Rusia, Serbia, Suíza, Ucraína, Venezuela e Xapón.
Organizados polo Instituto de Lingua Galega da Universidade de Santiago, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polas anteriores convocatorias dos cursos pasaron xa máis de 1.900 alumnos.

The contents of this page were updated on 07.27.2007.