Aberto o prazo de matrícula para optar á colación de Grao da Licenciatura de Medicina e Odontoloxía
A Facultade de Medicina e Odontoloxía mantén aberto ata o próximo día 28 o prazo de matrícula para optar á colación de Grao de Licenciatura correspondente á convocatoria de setembro, tanto na modalidade de exame como de tesiña.
As persoas interesadas deberán matricularse na Unidade de Xestión Académica do Campus Norte (Burgo das Nacións) en horario de 9 a 14 horas.