Skip to main content

A mostra ‘Rastro Material. Mal de Arquivo’ ofrece unha relectura das pegadas materiais que as persoas deixan tras de si

A mostra está aberta en horario de 11.00 a 20.00 horas. FOTO: Santi Alvite
A mostra está aberta en horario de 11.00 a 20.00 horas. FOTO: Santi Alvite
A profesora de Belas Artes Silvia García González é a comisaria dunha exposición que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 28 de febreiro
Santiago de Compostela

A acumulación de papeis pode converterse en collages tridimensionais, en pequenos cadernos ou libros de artista, construídos a partir de fotocopias, recortes de prensa, listas e apuntes de clase. Este é o punto de partida de ‘Rastro Material. Mal de Arquivo’, unha reconstrución que intenta ofrecer unha relectura das pegadas materiais que as persoas deixan tras de si. 

 “Que papeis gardamos? Notas, listas, papeliños, todo ese material efémero fala de nós”, apunta García González, comisaria da exposición e profesora na Facultade de Belas Artes da UVigo en Pontevedra. “Mal de arquivo alude a difícil tarefa da escolla, manexando os nosos arquivos persoais ou familiares, intentando ordenar a acumulación que xorde da curiosidade, da necesidade de gardar que se opón á visión práctica do papel que ocupa un valioso espazo”, sinala. Ademais da comisaria, no acto inaugural tamén tomou parte este luns, no Claustro superior do Colexio de Fonseca, Mar Lorenzo Moledo, vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC.

Silvia García González (Cangas do Morrazo, 1973) é doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Durante sete años traballou no Centro Galego de Arte Contemporánea no departamento de actividades. Actualmente é profesora na Facultade de Belas Artes. A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 28 de febreiro en horario de 11.00 a 20.00 horas. 
 

Mar Lorenzo intervén no acto inaugural, xunto a ela, a comisaria da mostra, Silvia García González. FOTO: Santi Alvite
Mar Lorenzo intervén no acto inaugural, xunto a ela, a comisaria da mostra, Silvia García González. FOTO: Santi Alvite
The contents of this page were updated on 02.04.2020.