Skip to main content

Segunda convocatoria de admisión en doutoramento

O prazo de matrícula desenvolverase entre o 22 e o 26 febreiro. FOTO: Santi Alvite
O prazo de matrícula desenvolverase entre o 22 e o 26 febreiro. FOTO: Santi Alvite
O prazo manterase aberto entre o 6 e o 10 de febreiro
Lugo, Santiago de Compostela

A segunda convocatoria de solicitude de admisión en programas de doutoramento manterase aberta dende este xoves 6, ata o vindeiro luns 10 de febreiro. O 13 de febreiro publicarase a listaxe provisional de admitidos e a relación definitiva, o 21 do mesmo mes. 

A solicitude de novas admisións en programas de doutoramento realizarase a través da Secretaría Virtual. O alumnado cumprimentará os datos persoais e de acceso requiridos na solicitude de admisión, incluíndo na mesma o documento de identidade e copia da titulación de acceso e, de ser o caso, xuntará os documentos adicionais e específicos que se lle esixan por parte do programa de doutoramento no que solicita a admisión.

Asemade cumprimentará na solicitude de admisión un formulario no que realizará unha declaración xurada de que posúe os requisitos de acceso aos estudos de doutoramento, sen necesidade de achegar os documentos orixinais nese momento, e sen prexuízo do deber de achegalos no proceso de matrícula.

As Comisións Académicas dos Programas de Doutoramento, realizarán a selección do alumnado e publicarán as listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos, de acordo cos criterios de selección establecidos no programa, na Sede Electrónica da USC e na Secretaria Virtual do solicitante. O prazo de matrícula desenvolverase entre o 22 e o 26 febreiro.
 

The contents of this page were updated on 02.06.2020.