Skip to main content

Sobe o pano o Festival de Teatro Universitario

Todas as sesións desenvolveranse no Salón Teatro, a partir das 21.00 horas
Todas as sesións desenvolveranse no Salón Teatro, a partir das 21.00 horas
A compañía da USC inaugura este luns 10 un ciclo que se estenderá ata o venres 14
Santiago de Compostela

A peza En inverno non vai tempo para ir á praia pero ti insistiches en ir e facer un pic-nic da compañía da USC servirá este luns 10 de febreiro, ás 21.00 horas, de punto de partida para o XXVI Festival Internacional de Teatro Universitario. O Salón Teatro será a sede deste ciclo que se estenderá ata o venres 14.

A obra La isla, da compañía lituana Teatras Studija Palėpė, ocupará a sesión do martes 11. O mércores será a quenda da Aula de Teatro da Universidade de Almería con Nana; e o xoves 13, a peza Doentum imaxinaribus correrá a cargo da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Teatrubi da Universidade da Beira Interior en Portugal pechará este certame, o venres 14, coa obra Cântico negro. Todas as sesións desenvolveranse no Salón Teatro, a partir das 21.00 horas. A entrada é de balde previo paso pola billeteira que se abrirá ao público a partir das 19.00 horas. 
 

Cartel do festival
Cartel do festival
The contents of this page were updated on 02.10.2020.