Skip to main content

BioReDes achégase ao ‘feitizo xenético’ dos Austrias

Gonzalo Álvarez Jurado, na súa exposición no edificio Cactus de Lugo
Gonzalo Álvarez Jurado, na súa exposición no edificio Cactus de Lugo
A historia dos xenes da dinastía dos Habsburgo e Os 'Xantares Biocientíficos' e a complexa sintomatoloxía clínica de Carlos II centraron a intervención do catedrático 'ad honorem' da USC Gonzalo Álvarez Jurado nos 'Xantares Biocientíficos'
Lugo, Santiago de Compostela

O catedrático de Xenética ‘ad honorem’ da USC Gonzalo Álvarez Jurado achegouse este venres no edificio Cactus do Campus de Lugo ao ‘feitizo xenético’ dos Austrias, no marco da última sesión dos ‘Xantares Biocientíficos’ promovidos pola agrupación estratéxica de investigación do Campus Terra  BioReDes, un foro de análise e debate científico que espertou moito interese entre a comunidade universitaria, que encheu a sala.

A Dinastía    Habsburgo  foi  unha  das    dinastías  reais  máis  importantes  de Europa.    A  rama  española  dos  Habsburgo  (a  Casa  de Austria    española)  gobernou  os  territorios  do  Imperio  Español  desde  1516  até  1700,  cando  o    último rei  desta saga,  Carlos  II  O  Enfeitizado,   faleceu   sen   deixar   descendencia.   Destacados   historiadores   formularon   a   hipótese  de que    os  Habsburgo  españois  extinguíronse  como consecuencia    do  elevado  número de matrimonios consanguíneos (tío-sobriña, primos irmáns, etc.) que se produciu na  dinastía.    

A  abundante  información  histórica  sobre  os  Austrias,  en termos    de rexistros    xenealóxicos,  mortalidade  infantil,  etc.,  permite  unha  análise  da consanguinidade  dinástica  desde  unha  perspectiva  xenética.  O  cálculo  dos coeficientes  de consanguinidade    dos reis  Habsburgo levado a cabo a partir de amplas xenealoxías que inclúen máis de 3.000 individuos de 16  xeracións  pon  de manifesto    os  altos  niveis  de consanguinidade acadados  por algúns  reis.

Carlos II tivo un coeficiente de consanguinidade de 25,4 %, maior que o da descendencia dunha unión incestuosa pai-filla ou irmán-irmá. Ademais, detéctase unha  forte  depresión  consanguínea  en supervivencia    infantil  nos fillos  dos matrimonios  reais, de forma que aqueles nenos cun maior nivel de consanguinidade experimentaron un incremento notable da mortalidade en relación aos infantes menos consanguíneos.

A  complexa  sintomatoloxía  clínica  de Carlos    II,  que  sufriu  numerosas enfermidades  ao longo de toda  a súa  vida,  pode  explicarse  como  resultado  do  incremento  da homocigose producida  pola consanguinidade  para  dous  xenes  recesivos  responsables  da deficiencia  de hormonas  pituitarias e a acidose renal.

Unha vez rematada a exposición de Álvarez Jurado y logo do posterior coloquio aberto co público, todas as persoas participantes nesta edición dos ‘Xantares Biocientíficos de BioReDes’ puideron compartir uns petiscos ofrecidos por xentileza do Grupo Da Cunha.

The contents of this page were updated on 02.12.2020.