Skip to main content

A USC crea o Comité de Seguimento específico para o caso do COVID-19

O obxectivo primeiro da USC é o de garantir a seguridade do alumnado e persoal. FOTO: Santi Alvite
O obxectivo primeiro da USC é o de garantir a seguridade do alumnado e persoal. FOTO: Santi Alvite
A comunicación permanente e coordinación coas autoridades con competencias sanitarias son esenciais para a Universidade
Lugo, Santiago de Compostela

A USC crea un Comité de Seguimenton para o caso da crise internacional relacionada co coronavirus ou COVID-19. Este grupo, que está presidido polo reitor, reunirase os primeiros días da vindeira semana co obxectivo de xestionar unha liña de comunicación permanente coas autoridades con competencias en materia sanitaria para coordinarse con elas e, en cada momento, actuar do xeito máis eficaz e seguro posible. Ademais do reitor e outros membros do goberno da Universidade, forman parte do grupo responsables do Servizo de Vixilancia da Saúde; da Facultade de Medicina; do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina, de quen depende a área de coñecemento de Medicina Preventiva e Saúde Pública; e do departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía. 
 
Tal e como se adiantou no comunicado oficial, e seguindo as recomendacións das autoridades con responsabilidade en materia sanitaria, dende a USC queremos facer un chamamento a evitar a alarma innecesaria e a confiar nas medidas e accións emprendidas polos diferentes países para controlar a epidemia e minimizar os seus efectos. O obxectivo primeiro da USC é o de garantir a seguridade do alumnado e persoal polo que, neste momento, pedimos a todos os membros da comunidade universitaria consultar e seguir os protocolos das autoridades locais, nacionais e da OMS.

Recordamos as ligazóns onde se poden atopar documentos de referencia para a información e prevención a respecto do COVID-19:

The contents of this page were updated on 03.18.2020.