Skip to main content

Unha investigación frea a propagación do patóxeno 'phytophora' en plantas e árbores

O patóxeno afecta aos aguacates. FOTO: Pixabay
O patóxeno afecta aos aguacates. FOTO: Pixabay
O artigo foi destacado na categoría 'High Light' da revista 'Physical Review E'
Santiago de Compostela

Un estudo dos investigadores da USC Jhony Ramírez, Carlos  Pajares e Ricardo Rodríguez no Instituto de  Física de Altas Enerxías (IGFAE) en colaboración con físicos e biólogos da Universidade de Puebla en México, foi destacado na categoría High Light da revista Physical Review E. A publicación abre o seu número de Marzo 2020 con este traballo. Asemade, a Sociedade Americana de Física publica na súa revista Physics un resumo divulgativo do artigo conxuntamente cos seleccionados doutras publicacións.
    
Na investigación estúdase como se pode impedir a propagación da infección do  patóxeno Phytophora que ataca diversas plantas e árbores, como chilis, aguacates, patacas, castiñeiros e eucaliptos. Para logralo, calcúlase a densidade mínima de barreiras física ou biolóxicas necesarias para impedir a propagación a toda a plantación tendo en conta a proporción inicial da infección no chan e nas plantas, así como a susceptibilidade de cada especie en cada situación. 

As barreiras normalmente usadas son membranas impermeables de  polietureno ou gabias con axentes biolóxicos de control. Para o cálculo construíronse algoritmos baseados na teoría de percolación que foi aplicada intensivamente no IGFAE a problemas de Física de Partículas como a liberación dos quarks e gluons de dentro das partículas elementais que son producidas nas colisións de núcleos pesados.
 

The contents of this page were updated on 03.11.2020.