Skip to main content

Ciencias da Comunicación conmemora o 110 aniversario do nacemento do cineasta galego Carlos Velo

Cartel do simposio
Cartel do simposio
O simposio dará comezo este mércores ás 10.00 horas na Sala de Visionado 1 do centro e estenderanse ata o xoves 28
Santiago de Compostela

O simposio ‘ Carlos Velo na memoria. 110 anos’ servirá este mércores, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, para conmemorar o aniversario do nacemento do cineasta galego. A partir das 10.00 horas, na Sala de Visionado 1 do centro, diversos estudosos da figura do autor abordarán a súa traxectoria dende diferentes perspectivas.

A Fundación Carlos Velo co apoio da USC, promove a celebración destas xornadas sobre a figura, a obra e o legado do director de Cartelle. Durante dous días, no simposio, incidirase en aspectos vencellados ao traballo de Carlos Velo ou á realidade das diferentes etapas e escenarios sociais nos que lle tocou vivir en España e en México. O simposio desenvolverase ata o xoves 28 de novembro.

The contents of this page were updated on 12.04.2019.