Skip to main content

Unha xornada divulgativa sobre a etnografía local cita este sábado a máis de 50 persoas na Estación Científica do Courel

Cartaz da xornada sobre etnografía do Courel
Cartaz da xornada sobre etnografía do Courel
Jesús Afonso Parada Jato e María Moure Oteyza intervirán como relatores nesta sesión monográfica de orientación práctica
Lugo

A Estación Científica do Courel acolle este sábado, a partir das 10.00 horas, unha xornada monográfica sobre etnografía courelá, na que intervirán como relatores Jesús Afonso Parada Jato e a licenciada en Farmacia María Moure Oteyza, que impartirá un curso sobre usos tradicionais de plantas medicinais na serra courelá.

O programa desta actividade formativa, promovida polo Campus Terra da USC a través do director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro, prolongarase durante toda a xornada ata as 19.00 horas. A xornada comezará cun relatorio sobre usos, costumes e cousas do Courel, a cargo do escritor e investigador Jesús Afonso Parada Jato.

De seguido, a licenciada en Farmacia María Moure Oteyza impartirá un curso sobre usos tradicionais das plantas medicinais na Serra do Courel. As persoas que participen neste curso poderán logo poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante unha saída ao campo programada en quenda de tarde.

The contents of this page were updated on 03.18.2021.