Skip to main content

As políticas de xénero no desenvolvemento profesional nas máis altas maxistraturas, obxecto de análise na USC

Antonio López, no centro da imaxe, xunto á vicepresidenta de Medel Mariarosaria Guglielmi, e Iria Gozález-López do secretariado de Medel. Foto: Santi Alvite
Antonio López, no centro da imaxe, xunto á vicepresidenta de Medel Mariarosaria Guglielmi, e Iria Gozález-López do secretariado de Medel. Foto: Santi Alvite
A xornada enmárcase no encontro de novembro de Maxistrados Europeos pola Democracia e a Liberdade
Santiago de Compostela

Xuíces e Xuízas para a Democracia e a Unión Progresista de Fiscais impulsan este venres, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, a xornada ‘Xénero e Xustiza’, en cuxa apertura tomou parte o reitor Antonio López. Este foro enmárcase no encontro de novembro de Maxistrados Europeos pola Democracia e a Liberdade (Medel).

A xornada incluíu diversos relatorios de expertos e expertas que abordaron a implicación das políticas de xénero no desenvolvemento profesional nas mais altas maxistraturas dos estados europeos. Os desafíos na implementación da integración da perspectiva de xénero, a igualdade de xénero no poder xudicial italiano, ou a conciliación de vida familiar e profesional das xuízas gregas, foron algunhas das cuestións abordadas no foro. Unha visita cultural por Santiago de Compostela en quenda de tarde completa a xornada.

Na mañá do sábado 9 de novembro, a partir das 9.30 horas, ten lugar o encontro da asemblea xeral de Medel no Centro de Estudos Avanzados da USC, na que se debaterá a ‘Declaración de Santiago sobre Xustiza e Xénero’. Medel engloba a vinte tres asociacións progresistas de xuíces e fiscais de quince Estados, e en total, representa a uns vinte mil maxistrados de toda Europa.

Público asistente á xornada. Foto: Santi Alvite

The contents of this page were updated on 12.05.2019.