Celebración da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química
O reitor Antonio López presidiu este venres na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química, o acto conmemorativo co gallo da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química.
Xunto ao reitor, tomaron parte no acto Francisco Fraga López, decano da Facultade de Ciencias; Elena López Lago, decana da Facultade de Física; Antonio Segura Iglesias, decano da Facultade de Bioloxía; Mª Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas; e Pilar Bermejo Barrera, decana da Facultade de Química.
No marco do acto, o profesor Javier Montenegro pronunciou o relatorio ‘La investigación “ES" la Docencia en la Universidad: El Caso de la Membrana Celular’. Asemade, o acto serviu para facer entrega dos premios do concurso de fotografía ‘A Ciencia en Imaxe’. O primeiro premio recaeu en Mª Jesús Varela Pulpeiro pola obra ‘Refracción 1’. O segundo premio foi para Mª del Pilar Vázquez Tato pola obra ‘O que o ollo non ve’. Finalmente, Elena Mora Cuesta con ‘Pirate y Coast’ levou o terceiro premio do certame.
o profesor Javier Montenegro pronunciou o relatorio ‘La investigación “ES" la Docencia en la Universidad: El Caso de la Membrana Celular’. Foto: Santi Alvite Publico asistente ao acto. Foto: Santi alvite