Skip to main content

A Estación Científica do Courel organiza unha xornada divulgativa sobre a etnografía local plantas medicinais o 23 de novembro

Cartaz da xornada sobre etnografía do  Courel
Cartaz da xornada sobre etnografía do Courel
Jesús Afonso Parada Jato e María Moure Oteyza intervirán como relatores nesta sesión monográfica de orientación práctica. A inscrición é de balde e está aberta ata o día 20
Lugo, Santiago de Compostela

A Estación Científica do Courel acollerá o vindeiro 23 de novembro unha xornada monográfica sobre etnografía courelá, na que intervirán como relatores Jesús Afonso Parada Jato e a licenciada en Farmacia María Moure Oteyza, que impartirá un curso sobre usos tradicionais de plantas medicinais na serra courelá.

Esta actividade formativa, promovida polo Campus Terra da USC a través do director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro, prolongarase durante o día 23 de novembro, de 10.00 a 19.00 horas. Trátase dunha xornada de acceso libre e de balde, aínda que as persoas interesadas en participar deben formalizar a súa inscrición ata o vindeiro mércores 20 de novembro a través do formulario en liña habilitado na web da Estación Científica do Courel. As persoas interesadas tamén poden obter máis información ao respecto desta xornada sobre etnografía e plantas medicinais do Courel, a través do número de teléfono 600 942 418 ou ben no enderezo de correo electrónico antonio.rigueiro [at] usc.es (antonio[dot]rigueiro[at]usc[dot]es).

O programa da xornada comezará cun relatorio sobre usos, costumes e cousas do Courel, a cargo do escritor e investigador Jesús Afonso Parada Jato. De seguido, a licenciada en Farmacia María Moure Oteyza impartirá un curso sobre usos tradicionais das plantas medicinais na Serra do Courel. As persoas que participen neste curso poderán logo poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante unha saída ao campo programada en quenda de tarde.

The contents of this page were updated on 03.18.2021.