Skip to main content

Os profesores da USC Juan José Nieto e Álvaro Goyanes, entre os investigadores máis relevantes para Web of Science

Juan José Nieto (esquerda) e Álvaro Goyanes (dereita). Imaxe de arquivo
Juan José Nieto (esquerda) e Álvaro Goyanes (dereita). Imaxe de arquivo
Esta listaxe abarca os artigos publicados e citados entre 2008 e 2018, os cales deben pertencer ao 1% dos que máis referencias rexistran

Os profesores das Facultades de Matemáticas e Farmacia, Juan José Nieto e Álvaro Goyanes, figuran na máis recente listaxe que elabora anualmente o grupo Web of Science para recoñecer os investigadores que demostraron un influxo significativo a través da publicación de múltiples artigos, altamente citados, na última década.

As persoas que integran esta listaxe foron seleccionados pola súas relevantes contribucións entre 21 eidos de coñecemento. 6200 científicos, pertencentes a 60 países, foron estudados para a elaboración do ránking correspondente a 2019, dos cales 3700 pertencen a eidos específicos, mentres que 2500 destacan polo seu traballo interdisciplinar. En concreto, esta relación abarca os artigos publicados e citados entre 2008 e 2018, os cales deben pertencer ao 1% dos que máis referencias rexistran por campo temático e ano de publicación na Web of Science e de acordo co Essential Science Indicators (ESI). Na clasificación por Estados, as universidades españolas ocupa o décimo posto.

O profesor Juan José Nieto Roig é catedrático de Análise Matemática. Coordinou ou participou en máis de vinte proxectos de ámbito europeo, nacional e autonómico e é autor ou coautor de máis de 300 artigos de investigación publicados en revistas internacionais. Nieto pertence ao grupo ecuacións diferenciais non lineares. O seu ámbito de traballo investigador aínda que de carácter básico potencialmente posúe utilidade práctica aplicado ao estudo de diversos temas da física, a bioloxía, a epidemioloxía, a medicina ou na bioinformática, co desenvolvemento de algoritmos máis eficientes para a comparación de secuencias xenéticas. Pola súa banda, Álvaro Goyanes traballa no eido da impresión 3D de medicamentos con doses personalizadas. É tamén co-fundador e director de desenvolvemento da start up FabRx.

The contents of this page were updated on 12.04.2019.