Alumni USC mantén aberto ata o 31 de xaneiro o prazo para presentar orixinais ao seu certame de relato curto

Os traballos en lingua galega e de temática libre optarán a un premio de 500 euros
Lugo,
Santiago de Compostela
A décimo quinta edición do certame de relato curto que impulsa Alumni USC mantén aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro o prazo de presentación de orixinais. Os traballos en lingua galega e de temática libre optarán a un premio de 500 euros.
O relato presentado deberá ter un máximo de sete páxinas en tamaño DIN A4, entreliñado a dobre espazo e letra Times New Roman 12. Os orixinais enviaranse por correo certificado ao enderezo establecido na convocatoria ou a través do mail enviando a alumni [at] usc.es (alumni[at]usc[dot]es)