Investidura Doutores Honoris Causa Enrique Fuentes Quintana e Leon O. Chua (28/05/1996)
Enrique Fuentes Quintana
Foi un dos economistas españois da segunda metade do século XX que tivo maior influencia académica e social, nos campos da facenda pública e da política. Como político levou a cabo o Programa de Saneamento e Reforma Económica acordado polas forzas democráticas nos Pactos da Moncloa, así como unha reforma fiscal que proporcionou á Facenda Española equidade e eficacia.