Skip to main content

Matemáticas acolle a vixésima edición dos Encontro de Topoloxía

Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Planificación e Proxección Extratéxica, entregará o premio da Rede Española de Topoloxía á mellor tese de doutoramento 2019 a Álvaro del Pino

A vixésima edición dos Encontros de Topoloxía comezarán este venres na Facultade de Matemáticas. Nesta xornada o vicerreitor de Planificación e Proxección Extratéxica, Gumersindo Feijoo Costa, entregará o premio da Rede Española de Topoloxía á mellor tese de doutoramento 2019 a Álvaro del Pino pola súa tese ‘Engel structures and sympletic foliations’. Os Encontros de Topoloxía celébranse anualmente sen interrupción dende 1993 co obxectivo de poñer en contacto aos diferentes grupos de investigación que traballan neste campo en España. Esta é a segunda ocasión na que a USC acolle a celebración do evento logo da edición acollida en 1997.

A topoloxía é a rama das matemáticas que se interesa, entre outras cousas, polas propiedades das figuras xeométricas que non cambian aínda que dichas figuras sexan deformadas. Ademais do seu aspecto puramente teórico, a topoloxía ten numerosas aplicacións noutras disciplinas científicas. Por exemplo, utilízase no estudo da relación existente entre a estrutura neuronal do cerebro e o seu funcionamento, ou no estudo da evolución dunha poboación. No ámbito da intelixencia artificial está tendo unha grande incidencia o uso de métodos topolóxicos para a busca de estruturas subxacentes en datos de gran dimensión (Big Data).

Previamente al XXVI Encuentro, dende o martes se celebra o VIII Encontro de topólogos españois novos. Estas reunións proporcionan a oportunidade aos novos investigadores novos en topoloxía de intercambiar ideas e asistir a mini-cursos de alto nivel impartidos polos mellores especialistas.

The contents of this page were updated on 12.10.2019.