Skip to main content

O reitor Antonio López abre o novo curso do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

López, Otero e Rodríguez na inauguración do curso do CSHG
López, Otero e Rodríguez na inauguración do curso do CSHG
A USC traballa no desenvolvemento dun novo grao en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira de cara ao ano académico 2021-2022
Lugo, Santiago de Compostela

O reitor Antonio López participou este luns, xunto ao conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, na apertura do novo ano académico do Centro Superior de Hostalaría de Galicia. A USC traballa na implantación do grao en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira, que botará a andar no curso 2021-2022.

Neste senso, o conselleiro salientou que a posta en marcha desta titulación permitirá que o centro siga sendo “referente dunha formación solvente, sólida e de alto nivel”. Ademais do reitor, tamén estivo presente no acto a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero Espinar.

The contents of this page were updated on 12.10.2019.