Skip to main content

Un foro aborda as mulleres na historia dende novas perspectivas

Cartel do seminario
Cartel do seminario
A Facultade de Xeografía e Historia acolle este venres 18 de outubro dende as 9.00 horas, este seminario coordinado por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia
Santiago de Compostela

A Facultade de Xeografía e Historia da USC celebra este venres 18, dende as 9.00 horas, o seminario ‘Mulleres na Historia: novas perspectivas’, baixo a coordinación das profesoras Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia.

Investigadoras das universidades de Valencia, Barcelona, Granada, Valladolid, así como da universidade portuguesa do Minho, daranse cita nun foro estruturado en dúas sesións. Na primeira delas, en quenda de mañá, as relatoras abordarán cuestións como as diferentes formas de pensar e amar, delinquir ler, ou as formas de comportamento e asistencia.

Xa en quenda de tarde, nunha sesión composta integramente por mulleres investigadoras da USC, porase o foco nas formas de resistir, así como nas formas de santidade, familiares, e de protesta. Logo de cada sesión, celebrarase un debate entre relatoras e asistentes para fomentar o intercambio de puntos de vista.

Para formalizar a inscrición, debe mandarse un correo electrónico co nome completo, DNI e programa de doutoramento ou máster ao que se pertenza, se procede, ao enderezo anam.sixto [at] usc.es (anam[dot]sixto[at]usc[dot]es) Esta actividade está especialmente dirixida ao alumnado do programa de doutoramento ‘Historia, Xeografía e Historia da Arte’, así como do mestrado ‘Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII’ da USC.

The contents of this page were updated on 12.10.2019.