Neste contexto, esta proposta de micromecenado ten como obxectivo impulsar un fondo de cooperación internacional, que permita a todos os membros da comunidade universitaria contribuír á acollida deste estudantado na nosa institución, recadando fondos para o programa de acollida a persoas con estatuto de refuxiadas, de protección temporal en España ou procedentes de países en conflito.
No curso académico 2023-2024 a USC, en estreita colaboración co seu Consello Social, cubriu a través deste programa un total de 10 axudas. Coa vosa colaboración confiamos en poder manter e ampliar o programa para o vindeiro curso.
Obxectivos propostos
- Acollida en residencias universitarias.
- Prestación dunha axuda económica mensual para manutención.
- Prestación de apoio á integración do estudantado refuxiado mediante asesoramento legal, psicolóxico e sanitario.
- Acceso ou continuación de estudos superiores, situando os países en conflito como prioridade en materia de cooperación universitaria.
Impacto
Apoio ao programa de axudas a persoas procedentes de zonas en conflito (cobertura da matrícula, aloxamento en residencia universitaria, cursod e galego/castelán e manutención). No curso 2023-2024 foron 10 persoas beneficiaris e 12 no curso 2024-2025, procedentes maioritariamente de Ucraína, Palestina e Irán, pero tamén doutros países, como Cuba, Exipto, Libano, Rusia, Siria e Venezuela.
Recadado: 2023 (2.285 €); 2024 (600 €)