Skip to main content

Dúas alumnas de Educación Social poñen o foco na resiliencia das persoas durante a pandemia

Estas alumnas da USC están a facer as súas prácticas no Centro Entelequia de Santiago de Compostela
Estas alumnas da USC están a facer as súas prácticas no Centro Entelequia de Santiago de Compostela
O proxecto recolleita material sobre como a cidadanía resiste ante as adversidades da COVID-19 e crea un “espazo creativo” en Instagram para darlle visibilidade
Santiago de Compostela

O proxecto Resiliencia nace para situar o foco nas figuras profesionais do ámbito socioeducativo e afondar na capacidade das persoas para superar acontecementos traumáticos como consecuencia da pandemia. As alumnas de cuarto curso de Educación Social na USC, Gabriela Gómez e Laura Crestar, son as creadoras desta iniciativa que veu a luz a comezos de febreiro coa finalidade de “aportar e dar a coñecer o lado positivo que extraen as persoas da corentena e a posterior nova normalidade”, explican.

Estas alumnas da USC están a facer as súas prácticas no Centro Entelequia de Santiago de Compostela. A través de Resiliencia levan a cabo a recolecta de material centrado na resiliencia das persoas mediante cuestionarios que elas mesmas elaboraron ou a través de redes sociais. Teñen o seu propio perfil en Instagram (@resilienciaquenosune) concibido como un “espazo creativo de resiliencias” no que se expoñen, de maneira artística e orixinal as historias que van captando, así como un enderezo electrónico para quen se anime a enviar a súa aportación (contanosatuaresiliencia [at] gmail.com (contanosatuaresiliencia[at]gmail[dot]com)). Asemade, no propio centro Entelequia estanse a expor as mostras recollidas.

The contents of this page were updated on 03.16.2021.