Skip to main content

‘A lingua galega e a filosofía’, a debate os días 12 e 19 de abril

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas
Estas xornadas servirán para afondar en que autoras e autores contribuíron á normalización do galego no seu traballo filosófico
Santiago de Compostela

Afondar en que autoras e autores contribuíron á normalización do galego no seu traballo filosófico é unha das cuestións ás que se quere responder nas Xornadas ‘A lingua galega e a filosofía’, impulsadas pola Comisión de Normalización Lingüística do centro.  Como aumentar na actualidade o uso do idioma galego na creación filosófica e na docencia da Facultade será outra das cuestións a tratar.

 A conferencia do catedrático de Filoloxía Henrique Monteagudo sobre ‘As razóns do galego’ centrará a primeira xornada, o luns 12 de abril ás 9.30 horas. O luns seguinte, o 19 de abril, á mesma hora, terá lugar unha táboa redonda sobre vocabulario filosófico moderada polo decano, Marcelino Agís, na que participarán Miguel Anxo Martínez Quintanar, profesor de Filosofía Moral e Política na Facultade de Formación do Profesorado e Ánxel González Fernández, profesor emérito de Filosofía da USC.

Ambas as xornadas poderán seguirse a través de Zoom, mentres que o Salón de Actos da Facultade de Filosofía, onde se desenvolverán, quedará restrinxido para o alumnado da materia ‘Filosofía española e galega’, por mor das restricións sanitarias. A participación na actividade é de balde, pero cómpre inscribirse ata o 7 de abril. Outorgarase un diploma de asistencia por tres horas.

The contents of this page were updated on 03.17.2021.