Skip to main content

Bota a andar a versión personalizada da app móbil 'USC Deportes'

A USC dá acceso definitivamente á súa aplicación móbil para a actividade deportiva logo dunha fase inicial de probas. FOTO: Santi Alvite
A USC dá acceso definitivamente á súa aplicación móbil para a actividade deportiva logo dunha fase inicial de probas. FOTO: Santi Alvite
A aplicación alberga un repositorio de clases virtuais que estará ao alcance das persoas interesadas de xeito gratuíto da man de profesorado experto e cualificado
Santiago de Compostela

O Servizo de Deportes da USC pon á disposición das persoas usuarias maiores de 14 anos, cunha matrícula activa nas súas escolas físico deportivas (ou finalizada en decembro), a aplicación móbil ‘USC Deportes’.  Esta app está deseñada para poder consultar e seguir, cada quen ao seu ritmo e á carta, un repositorio de clases virtuais que estará ao alcance dos interesados de xeito gratuíto da man de profesorado experto e cualificado.

A iniciativa estará á disposición dos deportistas con cinco o máis reservas de uso e con abonos activos, ademais daqueles que teñan bonos activos de Reserva de uso - Práctica libre individual. Pode accederse a esta versión dende as respectivas contas de usuarias/os rexistradas neste Servizo. Nelas débese premer no botón ‘Descargar App USC Deportes’ e recibirase un correo de benvida coas credenciais e a ligazón que permitirán descargar dende o móbil esta aplicación e mergullarse nos seus contidos.

Deste xeito, a USC dá acceso definitivamente á súa aplicación móbil para a actividade deportiva logo dunha fase inicial de probas. Esta é unha proposta que amplía o catálogo de recursos dispoñibles para o conxunto da comunidade universitaria ao tempo que propón novas ferramentas para afrontar a actual situación, achegando alternativas que axuden a continuar coa programación de actividades con independencia das circunstancias socio-sanitarias.

The contents of this page were updated on 03.25.2021.