A educación en rede, a debate no XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía
O XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía desenvolverase en liña entre os días 7 e 9 de xullo baixo o lema ‘A educación en rede. Realidades diversas, horizontes comúns’, xunto ao Focal Meeting, por primeira vez en España, da World Education Research Association (WERA). “Este acontecemento constitúe unha oportunidade de reflexión e proposta de acción compartida dende un contexto histórico e culturalmente diverso”, apuntan dende a organización. A inscrición anticipada pode formalizarse ata o 15 de abril con tarifa reducida.
O relatorio inaugural correrá a cargo de Stefania Giannini, subdirectora xeral de Educación da UNESCO quen afondará nesta institución e a na Axenda 2030, así como nos seus desafíos e propostas. Asemade, na xornada previa ao inicio do Congreso desenvolveranse diversos workshops sobre publicar en revistas científicas de impacto, deseñar proxectos de investigación ou sobre como crear material didáctico interactivo, entre outros eidos.