Skip to main content

O VIII Encontro da Mocidade Investigadora desenvolverase en liña os días 26, 27 e 28 de maio

Cartel do encontro
Cartel do encontro
O EMI, evento que se celebra dende o ano 2012, está aberto non só a todos os investigadores e investigadoras procedentes da USC, senón tamén ao resto das universidades galegas
Santiago de Compostela

O VIII Encontro da Mocidade Investigadora (EMI) desenvolverase en formato virtual os días 26, 27 e 28 de maio, co propósito de favorecer as dinámicas de colaboración, debate e difusión do coñecemento xerado entre estudantes de doutoramento. O EMI, evento que se celebra dende o ano 2012, está aberto non só a todos os investigadores e investigadoras procedentes da USC, senón tamén ao persoal científico do resto das universidades galegas. Calquera estudante de doutoramento do Sistema Universitario Galego (SUG) terá a oportunidade de participar neste evento que durante tres días ofrecerá sesións de relatorios, pósters e táboas redondas.

“O obxectivo destas xornadas é dar a coñecer as principais temáticas de cada campo de investigación, o que sen dúbida constituirá unha experiencia enriquecedora para todos os alumnos e alumnas de doutoramento que se animen a participar”, explican dende a Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS). Asemade, o programa contempla a entrega de premios á mellor comunicación de cada área de investigación: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura. Este foro favorece, por tanto, as relacións entre membros da comunidade universitaria, apostando pola colaboración interdisciplinaria entre áreas de coñecemento afíns. A inscrición pode formalizarse a través desta ligazón.

The contents of this page were updated on 04.21.2021.