Skip to main content

Matemáticas presenta os seus mestrados a través dunha xornada de orientación laboral

A asistencia ás charlas deu dereito a un diploma acreditativo por catro horas. FOTO: Santi Alvite
A asistencia ás charlas deu dereito a un diploma acreditativo por catro horas. FOTO: Santi Alvite
Os coordinadores das titulacións, así como distintos profesionais que achegaron as súas propias experiencias centraron a sesión celebrada o venres na Aula Magna do centro e que puido seguirse en liña
Santiago de Compostela

As intervencións de Leovigildo Alonso Tarrío, coordinador do Máster Universitario en Matemáticas; Julio González Díaz, responsable do Máster Universitario en Técnicas Estatísticas; e María Elena Vázquez Cendón, coordinadora do Máster Universitario en Matemática Industrial, así como decana da Facultade, pivotaron, en quenda de mañá, a xornada de orientación laboral que a Aula Magna do centro acolleu o pasado venres e que puido seguirse en liña.

Na segunda parte da xornada diferentes profesionais deste ámbito achegaron as súas propias experiencias. Laura Calaza Díaz, asesora de formación e docente na Consellería de Cultura, Educación e Universidade; Francisco Jose González Diéguez, de Stock e Optimización de Procesos de Inditex; Elena Rosa Pérez, membro do Corpo Superior de Estatísticos do Estado; e Teresa Veiga Rodríguez de Planificación Estratéxica de A Banca, foron os relatores en quenda de tarde. A asistencia ás charlas deu dereito a un diploma acreditativo por catro horas.

A sesión desenvolveuse na Aula Magna do centro
A sesión desenvolveuse na Aula Magna do centro
The contents of this page were updated on 04.26.2021.