Skip to main content

A Rede Española Matemática-Industria pon en marcha unha plataforma

PET MSO-ED | nota informativa

A Rede Española Matemática-Industria (math-in®), da cal é presidenta Peregrina Quintela, catedrática de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago, acaba de constituir a Plataforma Española de Tecnoloxías de Modelización, Simulación e Optimización nun Entorno Dixital (PET MSO-ED). Esta nova plataforma foi financiada na convocatoria de axudas ás Plataformas Tecnolóxicas e de Innovación, dentro do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020 do Ministerio de Ciencia e Innovación. 

The contents of this page were updated on 05.11.2021.