Premio extraordinario de doutoramento 2018/2019 para un doutorando adscrito ao Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
O Consello de Goberno aprobou na súa sesión de 26 de marzo de 2021 conceder a David Tomé Lourido o Premio Extraordinario de Doutoramento 2018/2019 na Sección de Ciencias Sociais e Xurídicas. O seu proxecto de tese levaba por título “Avaliación de habilidades psicolóxicas en deportistas, e a súa relación coa ansiedade e o procesamento atencional”. Estivo codirixido polo doutor Constantino Arce Fernández e pola doutora Dolores Ponte Fernández, ambos membros do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía.
David Tomé Lourido é egresado do Programa de Doutoramento en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social. Completou a súa formación cunha estadía como visitante convidado na Universidade de Trieste, o que lle permitiu obter a mención internacional do Título de Doutor. Na actualidade é investigador posdoutoral na Universidade da Coruña. Segue colaborando como docente no Máster de Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física, que o profesor Arce Fernández dirixe na Universidade de Santiago de Compostela.
Constantino Arce Fernández é catedrático de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento e Dolores Ponte Fernández é profesora titular de Psicoloxía Básica. O proxecto de doutoramento realizado por David Tomé Lourido e un bo exemplo de harmonía entre dúas áreas e dúas liñas distintas de investigación.