Skip to main content

A Aula TIC-Pemes da USC pon en marcha unha nova edición do obradoiro sobre xestión de tendas virtuais con Prestashop

Cartaz do obradoiro sobre xestión de tendas virtuais
Cartaz do obradoiro sobre xestión de tendas virtuais
O programa formativo está estruturado en 50 horas lectivas e desenvolverase en liña ata o 23 de xuño. A inscrición permanece aberta na web
Lugo

A Aula TIC Pemes da USC pon en marcha unha nova edición do seu obradoiro virtual de xestión de tendas virtuais con Prestashop, un programa formativo en liña estruturado en 50 horas lectivas que se desenvolverá ata o 23 de xuño de 2021. A inscrición permanece aberta na web.

As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición neste obradoiro, orientado fundamentalmente a autónomos e empresarios, pero aberto á participación de todos os maiores de idade, aínda poden inscribirse ata cubrir as prazas dispoñibles a través do formulario habilitado na web da Aula TIC Pemes da USC.

O custe xeral da matrícula é de 60 euros, unha taxa que se verá reducida nun 50% para todas as persoas vinculadas coa USC ou que mantiveran esta ligazón no pasado. As persoas que completen a formación impartida ao abeiro deste obradoiro recibirán cadanseu certificado acreditativo da Aula TIC-Pemes da USC.

 

The contents of this page were updated on 05.20.2021.