Skip to main content

Os obradoiros do Museo de Historia Natural comezarán marzo conmemorando o Día Mundial da Vida Silvestre

Cartel das actividades a desenvolver en marzo e abril no Museo de Historia Natural da USC
Cartel das actividades a desenvolver en marzo e abril no Museo de Historia Natural da USC

A programación de Obradoiros do Museo de Historia Natural da USC (MHN) para o vindeiro mes de marzo comezará o próximo día 10 de marzo cunha sesión que conmemora o Día Mundial da Vida Silvestre e que, dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, aprenderalles a descubrir os sinais da natureza. As persoas interesadas en participar deberán formalizar a reserva previa, polo menos con dous días de antelación.

Os distintos obradoiros que se celebrarán o vindeiro mes xa están dispoñibles na web do MHN e contemplan tamén un roteiro interpretativo polo río Sarela ou a conmemoración do Día Internacional dos Bosques de 2018 co lema ‘Bosques por unhas cidades sostibles’ con roteiros de carácter gratuíto para adultos e nenos polo Parque de Vista Alegre, a Alameda e Campus Vida e a zona do casco histórico e parque de Bonabal. O día 22 está previsto tamén que o Museo acolla a presentación do libro ¡Que se le van las vitaminas! Mitos y secretos que solo la ciencia puede resolver.

Xa para o mes de abril está programado un obradoiro sobre coleópteros e outro sobre as especies ameazadas conmemorando o Día da Terra, en ambos casos dirixidos a nenos e nenas.

The contents of this page were updated on 02.28.2018.