Skip to main content
  • Research

Enxeñaría Química situase no rango 201-250 da clasificación QS

QS
QS
Enxeñaría Química destaca dentro das distintas materias da USC xunto con Lingua Inglesa e Literatura, Linguas Modernas, Agricultura e Silvicultura e Farmacia e Farmacoloxía, disciplinas que se atopan situadas nesta clasificación no intervalo 201-250 das mellores universidades do mundo.

A última edición do QS World University Ranking 2021, unha clasificación das mellores universidades do mundo elaborada a partir dunha sondaxe na que se teñen en conta datos e parámetros achegados por máis de 5.500 institucións académicas de todo o mundo, mantén un ano máis a USC entre as universidades que suscitan unha mellor percepción social e gozan de mellor reputación no plano internacional.

No relativo ao Ránking QS 2021 por materias, a posición da USC é especialmente salientable nos ámbitos da Enxeñaría Química, Lingua Inglesa e Literatura, Linguas Modernas, Agricultura e Silvicultura e Farmacia e Farmacoloxía, disciplinas que se atopan situadas nesta clasificación no intervalo 201-250 das mellores universidades do mundo.  

The contents of this page were updated on 06.11.2021.