Enfermaría acolle a primeira xornada de Voluntariado ActivaSenior
A primeira xornada de Voluntariado ActivaSenior celebrarase o luns 1 de outubro na Facultade de Enfermaría nunha sesión cuxo acto de benvida presidirá a decana do centro, Ana Isabel Silveira Rodríguez a partir das 10.00 horas.
A presentación da Cátedra Cruz Roja Española e a presentación do proxecto ActivaSenior así como a programación de actividades da Cátedra serán os puntos que abran o programa da sesión. Para continuar abordaranse cuestións relativas ao avellentamento activo ao aos procesos de voluntariado xeral. Previo ao peche da xornada presentaranse os postos de accións voluntaria dispoñibles.