Skip to main content

O Campus Terra da USC analiza o uso de drons e satélites no ámbito agrogandeiro nun foro hispano-luso de hortícultura

Sesión inaugural do III Simposio Nacional e I Ibérico de Hortícultura
Sesión inaugural do III Simposio Nacional e I Ibérico de Hortícultura
Unha visita ao centro de recría Gayoso-Castro pecha este venres o III Simposio Nacional e I Ibérico de Enxeñaría Hortícola, no que participan uns 100 investigadores

O III Simposio Nacional e I Ibérico de Enxeñaría Hortícola, un foro organizado polo Departamento de Enxeñaría Agroforestal da EPSE, en colaboración coa Sociedade Española de Ciencias Hortícolas (SECH), e que reúne esta semana na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, chegará est venres ao seu remate cunha vista ao centro de recría da granxa Gayoso-Castro, na que participarán os preto de 100 investigadores lusos e españois que abordaron no marco deste simposio o uso de drons e satélites en agricultura.

Este evento científico, que se celebrou por vez primeira na EPSE de Lugo, está estruturado en distintos relatorios, nos que especialistas na materia, abordan, ante un centenar de participantes, diversos aspectos innovadores do uso de drons e satélites, tanto na agricultura, como na gandaría. Na primeira das xornadas, realizouse unha presentación dos avances levados a cabo polo ‘Polo de Innovación Dixital no Sector Agroalimentario’, por parte do xestor de Innovación e Transferencia do Campus Terra, José Roberto Lamas Pérez, e Marcos Pérez, en representación do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).

Na segunda xornada, ademais de novos relatorios, celebráronse obradoiros técnicos, impartidos por persoal especializado de empresas privadas e investigadores que facilitaron o achegamento dos asistentes aos produtos que actualmente se atopan no mercado noutras zonas fóra de Galicia.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo Javier Bueno foi o encargado de presidir un acto no que tamén interviron a alcaldesa de Lugo Lara Méndez, o deputado provincial Álvaro Santos, a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Medio Rural Belén M. Do Campo Piñeiro, a directora da Axencia Galega de Innovación Patricia Argerey, o subdirector de Sistemas Aeronáuticos do INTA Bartolomé Marqués, e o secretario da Sociedade Española de Ciencias Hortícolas Javier Jesús Hidalgo.

The contents of this page were updated on 02.22.2018.