O Observatorio Astronómico Ramón María Aller levará a cabo este verán sesións de divulgación en 22 concellos galegos
Dentro de dous programas organizados baixo o paraugas do XACOBEO 21-22, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller desenvolverá actividades de divulgación este verán nunha morea de localidades espalladas por toda Galicia.
O primeira desta iniciativas é AS ESTRELAS DO CAMIÑO no marco da programación de O TEU XACOBEO. Neste caso os profesores e expertos en Astronomía do Observatorio desprazaranse a Padrón, Teo, Lalín, Noia, Boqueixón (noite das Perseidas no Pico Sacro), Sanxenxo, O Barco de Valdeorras, Rianxo, Allariz , Santa Comba, O Grove, Monforte de Lemos, e Vedra.
Cada actividade, dirixidas todas elas ao público en xeral e co control de cada concello, vai consistir nunha charla previa sobre cuestións astronómicas de interese para logo pasar ás observacións, tanto a simple vista, de recoñecemento de constelacións, identificación do triángulo de verán e mesmo da Vía Láctea. Finalmente se levarán a cabo as observacións telescópicas con instrumental levado polo propio Observatorio. Neste caso, os planetas, estrelas dobres, nebulosas e cúmulos estelares serán o obxectivo principal, mesmo a Lúa se é o caso. Durante as sesións, o público, que deberá respectar escrupulosamente as medidas sanitarias esixidas en cada concello, será informado sobre as características físicas de cada astro observado, mitoloxía e demais datos adicionais, coa finalidade de que a velada sexa non só un interesante encontro científico-cultural, senón unha forma tamén de pasalo ben dun xeito seguro nas nosas fermosas noites estivais.
A programación completa atópase na seguinte dirección web:
https://www.usc.gal/astro/oteuxacobeo/oteuxacobeo21.html
Os concellos de Melide (hoxe mesmo, venres 9 de xullo) Portomarín , Sarria, Mondoñedo, Arzúa, Ribadeo, O Pino, Fisterra e Santiago de Compostela, disfrutarán así mesmo destas actividades, neste caso dentro do programa CAMIÑOS DE ESTRELAS, organizado polo Consello Xacobeo, a través da iniciativa e coordinación técnica de Turismo de Galicia, en cinco Comunidades Autónomas: Aragón (3 sesións), Asturias, (2), Cantabria (3), Castilla y León (7) y Galicia (9). La coordinación científica deste macro proxecto corre a cargo do profesor José Ángel Docobo, contando coa colaboración das seguintes organizacións:
Agrupación Astronómica de Burgos, Agrupación Astronómica Cántabra, Agrupación Astronómica de Huesca, Agrupación Astronómica Palentina, Asociación Cielos Despejados de Oviedo, Asociación Leonesa de Astronomía y la Sociedad Astronómica Asturiana OMEGA.
Nas direccións web:
https://www.usc.gal/astro/caminos_estrellas/cami%C3%B1os_de_estrelas.htm
https://www.usc.gal/astro/caminos_estrellas/caminos_de_estrellas.htm
poden consultarse os lugares e datas nas que se vai desenvolver este ambicioso proxecto en pleno XACOBEO 21-22.
Se por razóns meteorolóxicas, ou doutra índole, non se puidera facer unha sesión, esta adiaríase para outra data.
Todas as actividades que se van realizar en Galicia correrán a cargo do seguinte persoal do Observatorio: José Ángel Docobo, Pedro Pablo Campo, María Brea, Jorge Gómez, e Luca Piccotti.