O uso de drones revitalizará a elaboración do inventario forestal de Galicia e facilita a vixilancia do cumprimento da normativa
O director xeral de Ordenación Forestal da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto, salientou a aposta da Administración autonómica polo emprego de drones no eido forestal, xa que a implementación detas novas tecnoloxías antóllase de grande utilidade para reactivar o revitalizar os labores de elaboración e actualización de datos do inventario forestal de Galicia, ao tempo que contribuíra tamén a detectar posibles incumprimentos da normativa vixente.
Fernández-Couto realizou estas declaracións no marco da sesión de apertura da xornada formativa ‘ A madeira FSC en Galicia’, un foro a través do que se pretende informar a traballadores do sector forestal e outros afíns sobre a certificación outorgada pola Forest Stewardship Council (FSC) e que reúne este mércores na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC a preto de medio centenar de profesionais e investigadores relacionados co eido forestal.
O director da EPSE, Tomás Cuesta, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal, José Ignacio Lema, tamén participaron na sesión inaugural do curso, estruturado en oito horas de duración e no marco do que distintos relatores no que se afondará na certificación FSC. Estea actividade formativa é a primeira das programadas este ano 2018 ao abeiro do programa Empleaverde, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, en colaboración coa Fundación Biodiversidad. O obxectivo deste programa pasa por potenciar a cadea de valor da madeira FSC, reforzando a trazabilidade da mesma, a distribución comercial e os seus mercados, a fin de aumentar a presenza da madeira como elemento estrutural na edificación sustentable e en políticas de compra pública.
Programa e relatorios
A enxeñeira de Montes e directora técnica de FSC España, Silvia Martínez, e o enxeñeiro técnico forestal e xestor de proxectos de FSC España, Marcos Estévez, acometeron no marco desta xornada e en cadansúa exposición, a importancia da certificación FSC e a relación coa madeira para a construción. A continuación, o catedrático da USC no Campus Terra, Manuel Guaita, abordará o presente e o futuro da madeira estrutural.
A sesión de mañá, trala cal se celebrará un coloquio, pechou coas intervencións do enxeñeiro de Montes José Ángel González, quen presentou a experiencia dun grupo de cadea de custodia FSC; e o director técnico e a responsable de costes de Carpintería Estelar, José A. Sanmartín e Leticia Rendo, os cales analizaron o día a día nunha industria de segunda transformación da madeira certificada FSC.
Xa en quenda de tarde, o doutor enxeñeiro de Montes e técnico de GAIN-CIS Madeira, Manuel Touza, tratou da durabilidade dun proxecto de madeira ao exterior; mentres que o arquitecto técnico Álvaro López afondará nos produtos FSC de FINSA para a construción. Finalmente, antes do derradeiro coloquio, a arquitecta María Sánchez analizará experiencias recentes no uso da madeira en obras arquitectónicas.