Conferencia en Económicas do embaixador de Bangladés en España
O embaixador de Bangladés en España, Hassan Mahmood Khandker, imparte este luns unha conferencia na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. A intervención, titulada ‘Bangladesh: Emerging Tiger in Asia’, terá lugar ás 18:00 horas no Salón de Graos do centro. Esta mañá, o diplomático foi recibido polo reitor Juan Viaño no seu despacho de San Xerome.
A conferencia da tarde, que contará coa participación da decana da Facultade, Emilia Vázquez Rozas, enmárcase nos actos de celebración dos 50 anos dos estudos de Economía en Galicia. A entrada é libre.