Skip to main content

Unha trintena de estudantes da USC, recoñecidos cos Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia

As persoas premiadas recibirán unha contribución en metálico de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción. Imaxe de arquivo dunha biblioteca da USC. FOTO: Santi Alvite
As persoas premiadas recibirán unha contribución en metálico de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción. Imaxe de arquivo dunha biblioteca da USC. FOTO: Santi Alvite
A esta convocatoria podía concorrer o alumnado que rematou estudos en 2020 nas universidades galegas
Lugo, Santiago de Compostela

Un total de 30 tituladas e titulados da USC acaban de ser recoñecidos pola Xunta de Galicia na convocatoria de Premios Fin de Carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios en 2020 nas universidades galegas.

Pola USC, resultaron recoñecidos Iván Arias Arias (Lingua e Literatura Modernas), Amanda Briones Marrero ( Filosofía), Javier Frieiro Santaya (Historia), Silvia González Rodríguez (Historia da Arte), Paula Portela Cabana (Lingua e Literatura Inglesas), Yeray Folgar Cameán (Bioloxía), Juan Manuel Lorenzo Naveiro (Matemáticas), Aitor Mairena Díaz (Física), Irea Mosquera Lois (Química), Mateo Eiroa Osoro (Farmacia), Pablo Freijido Álvarez (Medicina), Manuel Giráldez Suárez (Medicina), Joaquín Vila García (Medicina), Dolores Loureiro Piñeiro (Enfermaría), Tamara Miranda Rodríguez (Nutrición Humana e Dietética), Álvaro Montes Campos (Psicoloxía), Alberte Rico Fernández (Veterinaria), Ana Vázquez Bouzo (Odontoloxía), Alexander Amado Acedo (Xeografía e Ordenación do Territorio), Elena Bermúdez Guimeráns (Pedagoxía), Gloria García Vivero (Xornalismo), Clara Manrique Velayos (Mestre de Educación Primaria), Natividad Otero Ares (Mestre de Educación Primaria), Pedro Martínez Gago (Ciencia Política e da Administración), Alberto Mato Villamarín (Economía), María Rúa Rodríguez (Dereito), Ana Macerena Vilas Tobar (Dereito), Sofía Trillo Montero (Mestre de Educación Infantil), Jorge Prieto Vilaboa (Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria) e Raquel Rodríguez Vilas (Enxeñaría Informática).

Puido optar a este premio o alumnado que cursase de forma íntegra os estudos nunha universidade galega, e que tivera acadado unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,5 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura. As persoas premiadas recibirán unha contribución en metálico de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

The contents of this page were updated on 08.30.2021.