Skip to main content

O reitor Juan Viaño preside o luns 29 o acto académico de San Tomé na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC

O reitor da USC, Juan Viaño, presidirá o luns 29 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, no salón de actos Isaac Díaz Pardo da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo, o acto académico conmemorativo da festividade de San Tomé de Aquino.

O reitor abrirá esta sesión académica logo dunha intervención do Grupo Vocal Solo Voces e no marco da que o catedrático do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC e profesor na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Manuel Guaita Fernández, ofrecerá unha lección maxistral baixo o título ‘Reflexións sobre o futuro da construción sostible con madeira’. Ao seu remate, o discurso do reitor da USC servirá de peche dun acto que a USC celebra tradicionalmente na súa sede universitaria luguesa e que congrega a autoridades académicas e políticas, ademais dunha nutrida representación da sociedade civil.

The contents of this page were updated on 01.26.2018.