Skip to main content

Un workshop dá a coñecer este venres na Facultade de Filoloxía a folla de ruta do proxecto ‘MultiGenera’

De esquerda a dereita, Carlos Valcárcel, María José Domínguez, María Teresa Sanmarco e Isaac González. Foto: Fundación BBVA
De esquerda a dereita, Carlos Valcárcel, María José Domínguez, María Teresa Sanmarco e Isaac González. Foto: Fundación BBVA
A profesora e coordinadora desta iniciativa, María José Domínguez, abre ás 9.30 horas, a quenda de intervencións cunha exposición dos fundamentos lingüísticos do proxecto

O proxecto ‘Generación multilingüe de estructuras argumentales del sustantivo y automatización de extracción de datos sintáctico-semánticos’ (MultiGenera), unha iniciativa promovida pola USC e que vén de converterse nun dos cinco proxectos de investigación científica en Humanidades Dixitais premiado pola Fundación BBVA, celebrará este venres 2 de febreiro o workshop ‘Multigeneración automática de datos lingüísticos con aplicación lexicográfica e didáctica’ na Facultade Filoloxía.

Esta sesión de traballo, a través da que se pretende divulgar e dar a coñecer os obxectivos e a folla de ruta deste proxecto, está estruturado en tres conferencias de asistencia libre e que se desenvolverán, a partir das 9.30 horas, na aula B03 da Facultade de Filoloxía.

A profesora do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá da USC e coordinadora do proxecto MultiGenera, María José Domínguez, abrirá esta quenda de intervencións cun relatorio que se desenvolve baixo o título ‘MultiGenera e os seus fundamentos lingüísticos’. De seguido, o tamén profesor e investigador da Universidade de Vigo Carlos Valcárcel, tratará os fundamentos computacionais deste proxecto.

O primeiros dos workshops organizados ao abeiro do proxecto MultiGenera rematará coas intervencións de Miguel Solla (rede RELEX) e David Lindemann, da Universidade de Hildesheim, que falarán sobre a aplicación de Wordnet e PORTLEX a MultiGenera.

The contents of this page were updated on 02.01.2018.