Skip to main content

A USC participa este xoves nunha xornada do IEAF sobre os efectos da lonxevidade nas condutas financeiras

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC colabora nunha xornada que o Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF) desenvolve este xoves 8 en Santiago sobre os efectos do envellecemento da poboación nas condutas financeiras.

A sesión ‘Efectos da lonxevidade sobre as condutas de aforro privado e gasto público en Galicia’ inaugurarase ás 18.30 horas no Centro ABANCA Obra Social (Praza de Cervantes) nun acto no que participan a decana da Facultade compostelá e presidenta da Delegación Galega do IEAF, Emilia Vázquez; o secretario xeral do IEAF, Javier Méndez Llera; e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González.

A continuación presentarase o estudo Longevidad y cambios en el ahorro y la inversión realizado pola Fundación de Estudos Financeiros e Fidelity e dirixido por Javier Santa Cruz.

Acto seguido abrirase unha mesa redonda na que intervirán a catedrática de Historia Económica da USC e vicepresidenta do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, María Xosé Rodríguez Galdo; a coordinadora adxunta de Afundación e coordinadora en IESIDE, Carlota Sánchez-Montaña Puga; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; o director da Fundación INADE, Adolfo Campos Carballo; e o director do estudo.

The contents of this page were updated on 02.07.2018.