Skip to main content

A fase galega da Olimpíada Matemática celébrase este venres na USC

A fase galega da Olimpíada Matemática celébrase este venres na USC
A fase galega da Olimpíada Matemática celébrase este venres na USC

A Facultade de Matemáticas acolle este venres 19 a fase autonómica da LIV Olimpíada Matemática Española, na que se seleccionarán os tres estudantes de bacharelato que formarán o equipo olímpico que represente a Galicia na fase nacional, a celebrar do 15 ao 18 de marzo en Jaén.

A competición dará comezo ás 10.00 horas cun acto de recepción para continuar co desenvolvemento da primeira sesión de probas: tres horas e media para resolveren tres problemas. A segunda sesión será ás 16.00 horas, cun programa semellante.

A entrega de premios terá lugar ás 20:30 horas na Aula Magna da facultade, nun acto presidido polo reitor Juan Manuel Viaño Rey e que contará coa presencia da decana do centro, Elena Vázquez Cendón, da subdirectora xeral de Promoción da Igualdade, Pilar García-Rodeja Gayoso, e do director do Instituto de Matemáticas, Alberto Cabada Fernández.

A Olimpíada Matemática Galega ten como obxectivo fundamental estimular o estudo das matemáticas descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo; en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución de problemas. De aí que para resolvelos non se requira uns coñecementos especiais, senón capacidade de raciocionio e orixinalidade e creatividade do pensamento.

The contents of this page were updated on 01.18.2018.