Skip to main content

O Departamento de Enxeñaría Química da USC mostra en Cantabria as súas experiencias de éxito en innovación docente

O Departamento de Enxeñaría Química da USC mostra en Cantabria as súas experiencias de éxito en innovación docente
O Departamento de Enxeñaría Química da USC mostra en Cantabria as súas experiencias de éxito en innovación docente

Sete docentes e investigadores do Departamento de Enxeñaría Química da USC participan estes días na Universidade de Cantabria no IV Congreso en Innovación Docente en Enxeñaría Química, que promove a Conferencia Española de Directores e Decanos en Enxeñaría Química que preside o profesor dese departamento compostelán Gumersindo Feijoo.

O congreso, que reúne profesorado de 29 universidades españolas, aborda as metodoloxías e avances na docencia das materias relacionadas coa área de Enxeñaría Química co obxecto de atinxir un mellor desenvolvemento das competencias que demanda o mercado laboral polos egresados do grao e máster en Enxeñaría Química.

Os membros do Departamento de Enxeñaría Química da USC imparten no encontro diversas comunicacións orais e póster coas experiencias de innovación docente que se levan a cabo no Grao en Enxeñaría Química e no Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos que se imparten na Escola Técnica Superior de Enxeñaría do Campus Vida da USC.

Logo desta cita congresual, a revista internacional do SCI Education for Chemical Engineers publicará un número especial coas comunicacións de maior relevancia, o que supón o primeiro número específico que se dedica á docencia de Enxeñaría Química nun país.

The contents of this page were updated on 01.23.2018.