Skip to main content

Ampliado ata o 31 de xaneiro o prazo para participar no III Concurso de Relatos curtos ilustrados do Museo de Historia Natural

Cartel do concurso
Cartel do concurso
Por cuestións técnicas , as persoas que teñen enviado material e non posúan confirmación de recepción deberán reenviar novamente o material

‘Riscos naturais: danos que pode causar a natureza’ é o tema sobre o que deben xirar as propostas que se presenten á terceira edición do concurso de relatos curtos ilustrados da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC. Por problemas técnicos co correo electrónico, a data límite para o envío de orixinais a esta convocatoria amplíase ata o mércores 31 de xaneiro.

A organización da convocatoria solicita daquelas persoas ou grupos que xa enviaran propostas por este medio e non teñen recibido confirmación de entrega o reenvío do material ao enderezo de correo electrónico comunicacion.museohistorianatural [at] usc.es (comunicacion[dot]museohistorianatural[at]usc[dot]es) ou a súa entrega nas propias instalacións do Museo.

Cada concursante pode elixir libremente a temática no contexto do danos que pode causar a natureza, terremotos, inundacións, movementos de terras, erupcións volcánicas, acumulacións de gases,... As propostas poden presentarse na modalidade individual ou colectiva. No primeiro caso existen catro categorías en función das idades: de 5 a 8 anos, de 9 a 13, de 14 a 17 e de 18 ou máis anos. No caso dos participantes colectivos estarán constituídos en grupos cun representante maio de idade. Segundo a idade da maioría dos membros do grupo establécense as mesmas categorías de idades da modalidade individual.

Os relatos deberán presentarse nun folio tamaño A4 para participantes individuais, e en A2 para os colectivos, por unha cara incluíndo texto e ilustracións, podendo entregarse en papel ou en formato dixital. O texto deberá ser breve, escrito a man ou a ordenador, neste último caso en ‘ Times new roman’ 12 ou noutra letra de tamaño similar. As ilustracións deberán ser orixinais e poderán ser debuxos ou fotografías.

Os traballos poden presentarse tanto na recepción do Museo de Historia Natural da USC (parque de Vista Alegre s/n, 15782 Santiago de Compostela), como por correo electrónico no enderezo comunicacion.museohistorianatural [at] usc.es (comunicacion[dot]museohistorianatural[at]usc[dot]es), facendo constar no asunto ‘III Concurso de Nadal AAMHN’.

Premios
Os/as gañadores/as, un por categoría, recibirán unha tablet (individual) e un trofeo e material educativo sobre a temática do concurso (colectiva). Como apoio para o concurso, pode resultar ilustrativa a visita á exposición temporal e de entrada libre ‘Riscos xeolóxicos: danos que pode causar a natureza’.

The contents of this page were updated on 01.19.2018.