Amplíase o horario de apertura das bibliotecas Intercentros e Concepción Arenal
Continuando co período extraordinario de apertura das bibliotecas da USC en época de exames, a Universidade de Santiago amplía dende este martes 2 ata o día 31 o horario da Intercentros e da Concepción Arenal. Así, a primeira abrirá todo o mes das 9.00 ás 3.00 horas da madrugada, o mesmo horario que terá a de Santiago ata o 7 de xaneiro, cando pasará a abrir as 24 horas do día.
Ademais, durante o mes de xaneiro e como reforzo á propia ampliación de horarios habituais das bibliotecas, durante as fins de semana dos días 13, 14, 20, 21, 27, 28 e 29 de xaneiro abrirán de 10.00 a 22.00 horas a Xeral, a da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e a Sala de Lectura da Facultade de Dereito.