Skip to main content

Levan a análise a educación infantil e as novas experiencias pedagóxicas

Levan a análise a educación infantil e as novas experiencias pedagóxicas
Levan a análise a educación infantil e as novas experiencias pedagóxicas

O Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) acolle este venres 20 e o próximo as xornadas ‘A Educación Infantil (0-3). Entre a teoría e a práctica’, un encontro de entrada libre ata completar aforo.

A sesión deste venres comezará ás 11.30 horas cun relatorio sobre a pedagoxía Montessori a cargo do profesor xubilado da USC Lois Ferradás. Continuará con José Pablo Franco López e a explicación da orixe e importancia do xogo con bloques de madeira, e rematará con Loli Santiso, que narrará a súa experiencia na Escola Infantil de S. Roque no rol de educadora no desenvolvemento da autonomía dos nenos e nenas en diferentes idades e momentos á vez que falará do traballo con bebés e da relación coas familias.

A seguinte sesión terá lugar o vindeiro venres 27, na que Pablo Franco López presentará a Pedagoxía Pikler-Lòczy e Cristina Llinares Francisco explicará a experiencia da Escola Infantil de Tui e cuestións concretas relacionadas coas portas abertas entre aulas, a organización do comedor ou a documentación para as familias e o equipo.

The contents of this page were updated on 04.18.2018.