Skip to main content

Traballo con móbiles e portátiles

Seguridade cando traballamos fóra da oficina

A “oficina portátil” e un signo do noso tempo. Aínda que sexa só para consultar o correo electrónico ou botar unha ollada a un documento que temos na nube desde a casa ou aproveitar o tempo mentres viaxamos, o noso móbil e ordenador portátil acompáñannos habitualmente cando estamos fóra da oficina. Alguén dubida de que estas prácticas tamén son unha fonte de riscos para a seguridade?

Dentro da USC dispoñemos dunha protección máis ampla (nunca total, por suposto), xa que contamos cos dispositivos e programas dedicados exclusivamente á seguridade que vixían e defenden a nosa rede e os nosos servidores, pero fóra dela é un mundo diferente. As redes sen fíos que non teñen seguridade adicional, as transmisións de datos por canles non fiables, a perda ou roubo dos propios dispositivos e moitas outras que son propias dos desprazamentos, póñennos en situacións ante as que non podemos contar coa protección da USC e debemos preocuparnos por mellorar a nosa propia seguridade.

The contents of this page were updated on 07.19.2022.