Skip to main content

A Ponte co Ensino Medio

O Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC trata de facer chegar ao alumnado dos centros de ensino secundario de Galicia información sobre as titulacións e servizos da Universidade de Santiago de Compostela, servindo de “ponte” entre estes dous niveis de ensino.

Para levar a cabo este labor, o Campus Terra conta cunha coordinadora do Programa e cun grupo de profesores colaboradores das diferentes facultades e escolas do Campus. A través de visitas e charlas nos centros que imparten ensino medio, de concentracións ou encontros destes centros no propio Campus en varias xornadas que se organizan ao longo do curso, e doutras actividades de difusión, preténdense dar a coñecer a oferta da USC en xeral e do Campus Terra en particular ao alumnado participante.

Estas iniciativas desenvólvense coordinadamente cos responsables do Programa en Santiago, e se poden solicitar directamente á coordinadora no Campus Terra, no enderezo abaixo sinalado, ou a través da páxina do Programa A Ponte na web da USC.

Persoal

Coordinadora do programa A Ponte entre o ensino medio e a USC no Campus Terra

Guadalupe Vila Vázquez

Phones
982824445
Email
guadalupe.vila@usc.es
The contents of this page were updated on 06.07.2022.