Skip to main content

Proxección exterior

Organismos, entidades e organizacións de ámbito nacional e internacional nos que o Campus Terra ten presenza.

O Campus Terra está presente no Comité Científico da AESAN OA a través da representación da profesora Azucena Mora Gutiérrez. 

AESAN OA

O Campus Terra está presente no sub-grupo Factory Farming do grupo Expert Group for Technical Advice on Organic Production (EGTOP) a través da representación da investigadora Ana Isabel Barreiro Buján. 

AGRI DC

IPSI  é unha organización promovida polo Ministerio de Medio Ambiente de Xapón (MOEJ) e o United Nations University - Institute for the Advanced Study of Sustainability (UNU-IAS). O Campus Terra é colaborador habitual e está presente nesta organizacióna través do profesor titular Emilio Rafael Díaz Varela.

IPSI

Campus Terra participa por segunda vez no EIP-AGRI consorcio ao que foi adxudicada a licitación da Comisión Europea do contrato marco de servizos en rede de apoio da Política Agrícola Común (PAC), que facilita un achegamento as políticas da Unión Europea para o impulso da innovación nos sectores agrícola e forestal, así como conecta os mundos da investigación e da produción para os devanditos sectores. Nesta asociación participan varios investigadores do Campus Terra: Francisco José Ónega López; Beatriz Guimarey Fernández; Rocío Losada Iglesias e Xurxo Loureiro Veira.
 

EIP-AGRI

Campus Terra participa na Rede Crusoe que impulsa o desenvolvemento rexional e a especialización intelixente do Suroeste de Europa no Grupo de traballo de Sistemas Agroalimentarios Competitivos na que participa o director do IBADER, Pablo Ramil Rego, e concretamente en accións de innovación e investigación baseadas no Program Horizon Europe 2023-2024 - Cluster 6: Food, Bioeconomy, Natural Resources, Agriculture and Environment y  EIC Pathfinder.

REDE CRUSOE

AGILE e un asociación que ofrece un foro para que investigadores e educadores de información xeográfica se reúnan e intercambien ideas, o investigador David Miranda Barros, experto en Sistemas de Información Xeográfica e director da plataforma SIT (Sistemas de Información Territorial) do Campus Terra.

AGILE

Campus Terra ten representación na ISHS (International Society for Horticultural Science) Division Temperate Tree Nuts a través do seu vicepresidente, o catedrático da USC, Santiago Pereira Lorenzo.

ISHS

Campus Terra participa na Global Alliance on Climat-Smart Agriculture da FAO, organización na que participan 500 institucións de todo o mundo, e conta coa catedrática Rosa Mosquera que lidera o grupo de traballo Enabling Environment.

GACSA

Campus Terra a través da representación da catedrática Rosa Mosquera Losada lidera a nivel español o Flagship Agroecology & Agroforestry promovido polo Ministerio de Agricultura español dentro da Global Research Alliance, no que participan 67 ministerios de distintas partes do mundo.

GRA

Campus Terra, a través da representación do profesor titular César Pérez Cruzado, e membro na Alternate Representative por España ante IUFRO, desde o ano 2020 e representante de Multipurpose Forest Management na IUFRO.

IUFRO

Campus Terra, forma parte da Rede Mundial da Reserva da Biosfera a través da representación do profesor Pablo Ramil Rego, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER).

UNESCO
The contents of this page were updated on 01.22.2025.